Clube de lectura. Parte I
Comezamos o Clube de lectura deste curso 2025-2026!  A lectura proposta para esta primeira avaliación é a dunha autora galega chamada María Menéndez Ponte. A obra está escrita en castelá e leva o nome de  Nunca seré tu héroe.    O martes 2 de decembro  terá lugar o coloquio-reunión no que falaremos da obra e trataremos diversos temas transversais que aparecen na mesma.   Xa somos cerca de 15 membros. Anímovos a participar. É interesante e beneficioso para todos ler e compartir ditas experiencias co resto.    Non vos imaxinades as diferentes versións e conclusións que se extraen lendo un mesmo libro.   Grazas a todos/as pola vosa atención.   Un saúdo.   Organiza: Club de lectura e Coordinación da Biblioteca do IES Urbano Lugrís (A Coruña).